martes, 3 de abril de 2007

Festa da Chuvia 2007

Grande fin de festa da Chuvia07. No escenario a Banda Potemkin, A Compañía do Ruído, o Xurxo Souto e os dorneiros e dorneiras todos.

Margar no Pazo do Tempo - Sarabela Teatro

Estrea da nova montaxe teatral do grupo ourensán Sarabela Teatro: Margar no Pazo do Tempo.

Dia da Muller 2007 en Ourense

O 8 de marzo celebrouse unha concentración diante da Subdelegación do Goberno en Ourense, con motivo do Día da Muller. Coordinou o evento a Casa da Xuventude, e contou coa participación do grupo de pandereiteiras A Toca do Grilo.

Erika Svensson

Un anaco do traballo fotográfico da Erika Svensson. A música, de Dead Can Dance.

Espido - Arrorró

Guadi Galego e Guillermo Fernández forman Espido. Neste vídeo interpretan Arrorró en directo no Auditorio do Conservatorio de Lalín.

Marful - Salón de Baile

Marful no teatro García Barbón co seu espectáculo Salón de Baile.

Entroido Laza 2007

A Farrapada, os Peliqueiros, A Morena, As Formigas, todo o entroido 2007 na praza da Picota de Laza.

Patricia Castelao

O traballo da ilustradora Patricia Castelao. Con música de Mastretta e Julieta Venegas.

O Domingo Corredoiro en Xinzo

Domingo Corredoiro de 2007. É o terceiro domingo de entroido en Xinzo, celébrase despois do Fareleiro e do Oleiro e antes do domingo de Entroido. As pantallas saen a correr pola rúa, a praza énchese de xente disfrazada e os mozos intentan apañar o xamón no alto da cucaña.

Tango Project - Garufa

Tango Project é un dúo de tangos que interpreta de forma purista os clásicos deste estilo musical. A gravación corresponde á súa actuación no Café Cultural Auriense en febreiro de 2007, dentro do ciclo de concertos da Rede Galega de Música ao Vivo.

Os Muíños de Barbadás

Os Muíños de Barbadás é un pequeno pobo do concello do mesmo nome que fica ao pé da OU-540. Un grupo de casas abandonadas e un fermosos río cunha pequena fervenza. Pero ademais de todo elo tamén hai algo máxico que non se pode contar con palabras ou imaxes. (more)

Neve no Rodicio

Neve no alto do Rodicio, un antigo rincón de paz preto da capital de Ourense, hoxe hiperpoboado por aeroxeneradores. As fotos foron sacadas no serán do domingo 28 de xaneiro de 2007.

lunes, 2 de abril de 2007

loretta lux e antonia font

Fotos da Loretta Lux máis música do grupo Antonia Font

Unha visión do conflicto Israel-Líbano

Unha visión persoal do conflicto que enfrontou a Israel e Lí­bano en 2006. Todas as guerras son inxustas, e nesta tamén morreron Israelís. Pero a asimetrí­a concreta deste enfrontamento foi o que chamou a miña atención. É moi recomendable pasarse por http://www.youtube.com/watch?v=qBNutTv6gms

Presentación de "La Teterí­a del Oso Malayo"

Presentación en Ourense de "La Tetería del Oso Malayo" o novo traballo do David Rubí­n. Aconteceu no serán do sábado 13 de xaneiro de 2007 no Café Cultural Auriense.
Máis en http://detripas.blogspot.com/ e http://gl.wikipedia.org/wiki/La_teter%C3%ADa_del_oso_malayo